Finalizado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de outubro de 2001 (DOG nº 208, do 26 de outubro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo e a vista das solicitudes presentadas para a categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos) do grupo III e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 29 de maio de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos
de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos) do grupo III. As listas están expostas da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo.
Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as correccións procedentes, dándose de isto a oportuna publicidade.
Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:
-Grupo III: 35,62 euros.
Estarán exentos do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, con xustificación documental.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública