Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xuño de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ás súas necesidades de funcionamento fai necesario modifica-la relación de postos de traballo dos sevicios centrais e periféricos da consellería.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes nas mesas sectoriais de Funcionarios e de Persoal Laboral e na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do seis de xuño de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública