Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.010

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 201/2002, do 13 de xuño, polo que se nomea rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Senén Barro Ameneiro.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no seu artigo 20, dispón que o rector será elixido pola comunidade universitaria e nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.

Do mesmo xeito, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados por Decreto do 28 de novembro de 1997, dispoñen, no seu artigo 76 que o rector será nomeado pola Xunta de Galicia.

Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade de Santiago de Compostela polo que se remite certificación na que consta que na sesión da Comisión Electoral Central do día 3 de xuño de 2002 foi proclamado rector electo con carácter definitivo o profesor doutor Senén Barro Ameneiro, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia da Universidade de Santiago de Compostela, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Senén Barro Ameneiro.

Santiago de Compostela, trece de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA