Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da Consultoría e Asistencia para a elaboración do estudio: avaliación intermedia do Programa Operativo Integrado (POI) de Galicia 2000-2006 (FEDER, FSE, FEOGA-O).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

c) Número de expediente: 2002-05-596.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da avaliación intermedia do Programa Operativo Integrado (POI) de Galicia 2000-2006 (FEDER, FSE, FEOGA-O).

b) Prazo de execución: dez (10) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 186.000 euros (cento oitenta e seis mil euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 51 32.

e) Telefax: 981 54 51 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural, agás que o último día fose inhábil ou sábado, caso no que se prorrogará ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas no rexistro xeral das oficinas centrais da Consellería de Economía e Facenda, ou enviadas por correo, dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda (sala de xuntas).

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda