Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 19 de abril de 2002, o alleamento en poxa pública dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Carreira Morales, José Luis, con NIF 15353669L, que a continuación se describe:
Lote 1:
Urbano. Vivenda unifamiliar, situada no lugar de Suhortos, Piño 2, municipio da Pobra do Brollón (Lugo), cunha superficie de 90 m. Referencia catastral 0024018 00PH21H 0001/LB.
Valor: 41.216,79 A.
Cargas: non constan.
Tipo: 41.216,79 A.
Lote 2:
Rústico. O Castro, matogueira situada no municipio da Pobra do Brollón (Lugo), cunha superficie de 0,0493 ha. Referencia catastral 27047 000 00 004 00163KU.
Valor: 443,70 A.
Cargas: non constan.
Tipo: 443,70 A.
Lote 3:
Rústico. Outeiro, a prado situado no municipio da Pobra do Brollón (Lugo), cunha superficie de 0,3439 ha. Referencia catastral 27 047 000 00 009 00343 KJ.
Valor: 25.376,69 A.
Cargas: non constan.
Tipo: 25.376,69 A.
Lote 4:
Rústico. Xuncal, a prado situado no municipio da Pobra do Brollón (Lugo), cunha superficie de 0,1296 ha. Referencia catastral 27 047 000 00 009 00511 KD.
Valor: 1.166,40 A.
Cargas: non constan.
Tipo: 1.166,40 A.
De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.
DISPOÑO:
Que o día 1 de xullo de 2002 ás 11.30 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial de Lugo; rúa Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a poxa.
Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:
1. Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.
3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial de Lugo, e deberán ir xunto con cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia, polo importe do depósito.
4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do
importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.
6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación, ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.
O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.
8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación, para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.
9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.
En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos