Convocada, pola Orde do 13 de marzo de 2002 (DOG nº 65, do 4 de abril de 2002), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 13 de marzo de 2002 (DOG nº 65, do 4 de abril).
Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Apelidos e nome: Gómez Tato, Isauro.
DNI: 33839197-X.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 30.
Corpo ou clase: estatutario. Persoal facultativo.
Posto de traballo: subdirector xeral do Programa de Atención Sociosanitaria.
Dependencia: Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.
Localidade: Santiago de Compostela.