Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais dos aspirantes definitivamente admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario convocados por Orde do 12 de marzo de 2002.

Aprobada por Resolución do 5 de xuño de 2002 a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos para ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades por funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, e nomeado máis dun tribunal nalgunhas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, procede determina-los aspirantes que corresponden xulgar a cada tribunal.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Asignarlles ós tribunais que xulgarán os procedementos selectivos para ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario procedemento de adquisición de novas especialidades os seguintes aspirantes:

Especialidade: xeografía e historia.

Tribunal nº 1.-Tódolos de adquisición doutra especialidade, tódolos de reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Abal Fernández, Javier Telesforo, ata García Lastra Merino, Montserrat, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2.-Desde García López, Ernesto, ata Pelaez Álvarez, José Ramón, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3.-Desde Pena Bayón, Benito Manuel, ata Yebra Crespo, Roberto, ámbolos dous incluídos.

Especialidade: matemáticas.

Tribunal nº 1.-Tódolos de adquisición de nova especialidade; libres desde Abad López, Ignacio José, ata García Fernández, Iria Trinidad, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2.-Desde García Fernández, Luis, ata Paz Vizcaya, Manuel Antonio, ámbolos dous incluídos.

Tribunal número 3.-Desde Pazo Paniagua, María Cristina, ata Zotes Flores, Fernando, ámbolos dous incluídos.

Especialidade: francés.

Tribunal nº 1.-Tódolos de acceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destino, reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde

Abraldes Iglesias, María Jesús, ata Lores Casalderrey, María Carmen, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 2.-Desde Lortes Gómez, Ilda, ata Yacobi Laatiqui, Nadia, ámbalas dúas incluídas.

Especialidade: música.

Tribunal nº 1.-Tódolos de reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Adrán Valcárce, Mª Teresa, ata López Álvarez, Nuria, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 2.-Desde López Añón, Marta Inés, ata Yáñez Gil, Mª Isabel, ámbalas dúas incluídas.

Especialidade: psicoloxía e pedagoxía.

Tribunal nº 1.-Tódolos de cambio de especialidade e reserva do grupo B.

Tribunal nº 2.-Tódolos de quenda de discapacitados; libres desde Abadia Carnero, Juan Enrique ata Fernández Martínez, Paula, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3. Desde Fernández Neira, Ana María, ata Otero Areán, María Jesús, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 4.-Desde Otero Iglesias, Susana, ata Zarate Rodríguez, José Jacobo, ámbolos dous incluídos.

Especialidade: tecnoloxía.

Tribunal nº 1.-Tódolos de adquisición de nova especialidade, reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Abreu Fernández, José Marcial, ata Franco Alonso, Ana María, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2.-Desde Franco Uría, Mario Juan, ata Ozores Sieira, Samuel, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3.-Desde Padrón Rodríguez, Virginia, ata Yebra Fernández, José Luis, ámbolos dous incluídos.

Especialidade: formación e orientación laboral.

Tribunal nº 1.-Tódolos de cambio de especialidade e reserva do grupo B; libres desde Abilleira Freijeiro, Miguel, ata Flores Corredoira, Bernardo, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2.-Desde Flores Gómez, José Luis, ata Pérez Cerdeira, María José, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3.-Desde Pérez Díaz, Visitación, ata Zotes Tarrío, Mónica, ámbalas dúas incluídas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal