Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.904

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de maio de 2002 pola que se modifica a do 13 de novembro de 2001 pola que se crea a Comisión Técnica de Mantemento do Servicio Galego de Saúde.

Por medio da Orde do 13 de novembro de 2001 creouse a Comisión Técnica de Mantemento do Servicio Galego de Saúde, coa composición e funcións axeitadas á estructura orgánica existente nese momento.

No artigo 16.2º d) do Decreto 45/2002, de 8 de febreiro, que recolle a nova estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, atribúese ó Servicio de Obras e Supervisión de Proxectos da Subdirección Xeral de Investimentos, a competencia de servir de apoio ó funcionamento da Comisión Técnica de Mantemento do Servicio Galego de Saúde.

Dada a modificación operada polo novo decreto de estructura que vimos de citar, cómpre modifica-la Orde do 13 de novembro de 2001 no que atinxe a súa composición.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 2 da Orde de 13 de novembro de 2001, que quedará redactado do xeito seguinte:

«Artigo 2º.-Composición.

A Comisión Técnica de Mantemento do Servicio Galego de Saúde estará composta polos seguintes membros:

Presidente: subdirector xeral de Investimentos do Sergas.

Vicepresidente: xefe do servicio de Obras e Supervisión de Proxectos.

Vocais: xefes dos servicios ou responsables de mantemento dos centros hospitalarios e de Atención Primaria do Sergas.

Secretario: actuará como secretario un dos xefes de servicio designados como vocais da comisión».

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA