Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para compra ou arrendamento de terreos para explotacións agrícolas e gandeiras.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a compra ou arrendamento de terreos, para completa-las instalacións agropecuarias de Vilamarín e outros, para actividades agrícolas e gandeiras desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 20º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 5 de xuño de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense