Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO sobre convocatoria de oposición libre para a provisión en propiedade dunha praza de garda da Policía Local do Concello de Vilanova de Arousa.

1. Condicións dos aspirantes: para tomar parte na oposición é necesario: a) Ser español. b) Ter cumpridos os 18 anos e non supera-los 30. c) Estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente. d) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin separado do servicio das administracións públicas. e) Ser titular do permiso de conducir da clase B2 ou B+BTP. f) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m os aspirantes masculinos e 1,65 m as aspirantes femininas. g) Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, condición que se prestará mediante declaración xurada e por escrito. h) Acredita-la aptitude física para o desempeño da función, mediante certificado médico. Tódolos requisitos anteriormente enumerados deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

2. Instancias e admisión: as solicitudes para tomar parte na oposición presentaranse no Rexistro do concello dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto das bases no DOG. Os dereitos de exame fíxanse en 2.000 pesetas, que deberán ingresarse previamente á presentación da solicitude.

3. Tribunal cualificador: o tribunal estará integrado por un presidente, que será o alcalde da corporación ou concelleiro en quen delegue. Secretario: o da corporación. Vocais: o concelleiro delegado da Policía local; un representante da Xunta de Galicia; o xefe da policía local; un concelleiro dos grupos da oposición e un representante do sindicado máis representativo.

4. Probas da oposición: serán de carácter físico (antropométrico, psicotécnico e de capacitación física). As de capacitación física consistirán en forza flexora, salto de altura, salto vertical, salto de lonxitude, proba de velocidade, levantamento de peso. Estas probas cualificaranse como apto ou non apto.

De carácter teórico: consistirán en expoñer oralmente, nun prazo de 30 minutos, tres temas dos figurados no programa anexo á convocatoria.

De carácter práctico: consistirán na realización por escrito dun ou varios supostos prácticos no tempo máximo dunha hora.

5. Cualificación: a cualificación obterase sumando as puntuacións dos membros do tribunal, dividida polo número de membros asistentes, sendo o cociente a cualificación obtida.

6. Proposta de nomeamento: o tribunal, efectuadas as avaliacións correspondentes, propoñerá para o seu nomeamento pola Comisión de Goberno o opositor que obtivese a maior puntuación total.

As bases íntegras da oposición co correspondente programa anexo publicaranse no BOP de Pontevedra e poderanse obter, así mesmo, solicitándoas nas oficinas do concello.

Vilanova de Arousa, 8 de maio de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde