Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-164/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a resolución dictada no expediente en data 27-11-2001, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 8 de maio de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-164/2001-PO.

Denunciado: Antonio García Sánchez.

Último enderezo coñecido: Lugar de Mandeo-Sobrado (A Coruña).

Feito denunciado: falta de guía de orixe e sanidade pecuaria no traslado de 43 animais da especie por

cina e non reflectir este movemento no libro rexistro de compravenda de gando.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955, e do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995.

Precepto sancionador: artigo 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955 e 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actuación das sancións realizada polo real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 811,37 euros (135.000 pesetas).