Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 17, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., polígono Pocomaco sector C-18.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T subterránea a 15/20 kV de 100 m de lonxitude que conexiona na L.M.T.S. a C.T. Mesoiro, 194 entrando e saíndo no C.T. Pocomaco sector C-18, tipo interior de 250 kVA. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 29 de abril de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña