Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de xuño de 2002 pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocadas por Orde do 28 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 62, do 1 de abril).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o 23 de maio de 2002 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 62, do 1 de abril de 2002, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder dez bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será a recollida no anexo que se acompaña, coa retención fiscal que corresponda.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación do DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados

a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

López Pereira, SarahCeará (Brasil)3-6 a 31-12721,21 A

Morales Rivera, ClaudioChile1-6 a 30-9721,21 A

Rodríguez Vilar, GuillermoGranada1-7 a 31-12510,86 A

González Fernández, DignaBarcelona1-7 a 31-8510,86 A

Jesús Henriques Silva, MagdaLisboa1-7 a 31-8601,01 A

Rey Bravo, BeatrizVitoria1-7 a 31-12510,86 A

García Rivas, Mª JoséMadrid1-7 a 31-12510,86 A

Moens, StéphaneVitoria1-8 a 31-12510,86 A

Faiciuc, IoanTubingen20-8 a 20-12601,01 A

Rencewicz, KingaPolonia1-11 a 31-12721,21 A