Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día seis de maio de dous mil dous, acordou presta-la súa aprobación inicial á proposta de aprobación da bandeira do Concello de Moeche coa seguinte descrición: «Sobre pano verde, a banda engolada de amarelo acompañada de dúas torres do mesmo». O que se expón ó público, en cumprimento do disposto nos artigos 258 e ss. da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia e 2 e ss. do Decreto 369/1998, polo prazo dun mes, que empezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente anuncio no DOG a fin de que no citado prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Moeche, 8 de maio de 2002.

Xulio Cribeiro García

Alcalde