Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 15/1998).

Outorgada a declaración de utilidade pública, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico Serra da Panda (expediente nº 15/1998), por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 13 de maio de 2002 a favor da entidade beneficiaria Sistemas Energéticos Serra da Panda, con domicilio na avda. do Cruceiro da Coruña, 201A; 15705 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-los días 27 e 28 de xuño de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro

de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mañón, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 24 de agosto de 2001; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios para a súa comparecencia ó levantamento efectivo das actas, nas oficinas da Casa do Concello de Mañón ou local que se designe para o efecto, sen prexuízo de desprazarse ós predios.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 30 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña