Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Pequena número 2510.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por Resolución de 2-4-2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, outorgouse a David Fernández Grande, S.L., a concesión de explotación derivada do permiso de investigación nomeada Pequena nº 2510, dunha cuadrícula mineira para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Tui e Salceda de Caselas, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 34' 40''42º 04' 40''

28º 34' 20''42º 04' 40''

38º 34' 20''42º 04' 20''

48º 34' 40''42º 04' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 10 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra