Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de abril de 2002, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Casas Jalda Manuel e nove máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona de Vigo, por medio do presente anuncio comunica que se segue neste órgano de recadación procedemento administrativo de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de

decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (zona de recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

En Vigo, 30 de abril de 2002.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

DebedorNIFData dilixenciaDescrición

Casas Jalda Manuel

González Rodríguez Carmen (cónxuxe)

35269070-L20-3-2002Embargo de contas

Feijoo Guerrero Alfonso Julio36122945-L11-3-2002Embargo de contas

Fernández Piñeiro Carmen35963973-T26-3-2002Embargo de contas

Ferreiro Fernández Benigno (e cónxuxe)36013503-B27-2-2002Embargo plan pensións

Gómez Costa Óscar 36142721-S11-3-2002Embargo de contas

López López Bonifacio Pedro36014913-H11-4-2002Embargo de contas

Manuel Araujo Construcciones S.A.A-3673100811-4-2002Embargo de contas

Mar S.A.A-366611108-4-2002Embargo de contas

Rodríguez García Vicente José

Liboreiro Ramón Ángeles (cónxuxe)

35994893-P14-3-2002Embargo de inmobles

Transportes Giraldez Lago S.L.B-367402313-4-2002Embargo de contas