Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.781

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (767/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 767/2001 por instancia de Jaime Loureiro Alen contra Fontanería, Gas y Calefacción Soandrés, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data

do 24-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo que estimando a demanda promovida por Jaime Loureiro Alen contra a empresa Fontanería, Gas y Calefacción Soandrés, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe ó demandante a cantidade de 299.002 pesetas (1.797,04 euros) por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fontanería, Gas y Calefacción Soandrés, S.L., expido e asino esta cédula de notificación de sentencia na Coruña 17 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado