Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 196/2002, do 6 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia ó Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.

En atención ós méritos que concorren no Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e ó abeiro do dis-

posto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia ó Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública