Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 30 de maio de 2002, o proxecto de urbanización das unidades de actuación 4.3º e 4.4º das NSPM, redactado por Estudio A. Moreno, S.L., sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 30 de maio de 2002.

José Enrique Sotelo Vilar

Alcalde