Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 30 de maio de 2002, o proxecto de reparcelación voluntaria da unidade de actuación nº 4, polígonos 4.3º e 4.4º das NSPM, promovido por José Villar Martínez e oito máis, sométese a información pública, por un período de vinte días para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Cangas, 30 de maio de 2002.
José Enrique Sotelo Vilar
Alcalde