Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de obras correspondente ó proxecto complementario da sede do CIS da Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia. (Expediente 3/02 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 3/02 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización das seguintes construccións accesorias do edificio da sede do CIS da Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia: edificio destinado a secadoiro de madeira, situado na parcela 1C, ó igual que o edificio da sede do CIS-Madeira e a urbanización de toda a parcela 1C, que inclúe pavimentación, cerrado perimental con porta de entrada, iluminación de balizamento, instalación de regadío, canalización de instalacións e aparcamento para o edificio do secadoiro.

Prazo de execución: seis meses contados desde o día seguinte ó da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 467.038,02 euros, IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña a clasificación no grupo C, subgrupo 2, categoría e, agás os empresarios estranxeiros non clasificados que acreditarán a súa solvencia

económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (en adiante TRLCAP).

6. Garantías.

Provisional: exento, agás os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida que acreditarán a constitución dunha garantía provisional do 2% do orzamento do contrato (9.340,76 euros).

7. Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2; 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): si, en relación coa reducción no prazo de execución.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO