Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/363-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: recuamento L.M.T. e R.B.T. en estrada PO-254.

Situación: concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas.

Descricións técnicas: recuamento liñas de media e baixa tensión, afectadas polo acondicionamento da estrada PO-254, ó seu paso polos concellos Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas. Os conductores de media tensión serán de LA-56 e LA-80 e 1.850 m de lonxitude aproximadamente e os conductores de B.T. serán de R.Z. e de 5.170 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 26 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra