Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002 pola que se convoca concurso público para a contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente desta consellería. (Expediente 4/2002 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 4/2002 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xullo de 2002 ata o 30 de xuño de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 201.516,96 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19, Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1310

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edif. admvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edif. admvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presenta-las ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria