Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada OU-311, treito N-525, A Mezquita, clave N/OU/96.4.10, termo municipal da Mezquita.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 27 de abril de 2001, procédese á aprobación do proxecto de acondicionamento da estrada OU-311. Treito: N-525; A Mezquita. Clave: N/OU/96.4.10., termo municipal da Mezquita, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 29 de xuño de 2001 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 160/2001, publicado en el DOG nº 137, de data 16 de xullo de 2001.

Na sua virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello da Mezquita

Día: 1 de xullo de 2002.

Horario: de 12 a 13 horas.

Do: predio nº 1 ó 25.

Día: 1 de xullo de 2002.

Horario: de 16 a 18 horas.

Do: predio nº 26 ó 60.

Día: 2 de xullo de 2002.

Horario: de 9 a 13 horas.

Do: predio nº 61 ó 125.

Día: 2 de xullo de 2002.

Horario: de 16 a 18 horas.

Do: predio nº 126 ó 155.

Día: 3 de xullo de 2002.

Horario: de 9 a 13 horas.

Do: predio nº 156 ó 220.

Día: 3 de xullo de 2002.

Horario: de 16 a 18 horas.

Do: predio nº 221 ó 250.

Día: 4 de xullo de 2002.

Horario: de 9 a 13 horas.

Do: predio nº 251 ó final.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas no Concello da Mezquita e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, r/ Sáenz Díez, nº 1.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome,

achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 6 de maio de 2002.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense