Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002 pola que se resolve o concurso convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 28 de decembro de 2001.

Convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 9, do 14 de xaneiro de 2002) o concurso previsto no artigo 3 do regulamento para o desenvolvemento e aplicación do establecido na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes nel, elevada pola comisión de valoración de méritos, mediante acordo adoptado na sesión do 30 de maio de 2002, esta dirección xeral, de conformidade co previsto na base VII da convocatoria, en relación co artigo 3 do regulamento aprobado polo Decreto 289/2001, do 15 de novembro,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar, con carácter definitivo, ó persoal laboral fixo a extinguir que se relaciona no anexo os postos de traballo que se especifican nel; adxudicacións que son irrenunciables de conformidade coa base VII.2.

Segundo.-De conformidade coa base VII da convocatoria, a toma de posesión dos postos de traballo como consecuencia da resolución do concurso, producirase nos prazos establecidos no artigo 7.3º do vixente convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, iniciándose o seu cómputo o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral, perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública