Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

S.A. DE XESTIÓN CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A SAX Cesga acorda convocar 2 bolsas de prácticas para titulados no ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos.

Os interesados poden recolle-las bases da convocatoria no Cesga ou consultalas accedendo ó URL http://www.cesga.es/bolsas.

Duración: desde o día 1 de xullo de 2002 ata o 31 de decembro de 2002, prorrogables por un período máximo de dous anos en función do aproveitamento do adxudicatario.

Prazo: os interesados deberán envia-la solicitude e documentación correspondente ó Cesga (avda. de Vigo, s/n, Campus Universitario, 15705 Santiago de Compostela), nun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no DOG da presente convocatoria.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Javier García Tobío

Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia