Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

O Consello de Administración de Caixanova, dando cumprimento ó acordo adoptado na súa sesión

do 30 de maio de 2002, de conformidade co previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral constituínte. A reunión terá lugar o martes, día 25 de xuño de 2002, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, da cidade de Vigo, ás dezaoito horas en primeira convocatoria e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte

Orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Salutación ós conselleiros xerais.

3. Elección dos vocais do Consello de Administración.

4. Elección dos membros da Comisión de Control.

5. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós señores conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de maneira que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 31 de maio de 2002.

Ramón Cornejo Molíns Manuel Bermúdez Couso Manuel Campos Villarino

Co-presidenteCo-presidenteCo-presidente