Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
contrata execución esixida
Obra Orzamento
Prazo
Clasificación
Subgrupo 1
Categoría c
Subgrupo 1
Categoría c
Subgrupo 1
Caegoría c
Subgrupo 1
Categoría c
Subgrupo 1
Categoría d
Subgrupo 1
Categoría c217 P.O.L. 2002 Baralla. Saneamento rúas Igrexario e Sestelo e servicios ó mercado gandeiro. 120.202,42 9 meses Grupo E
219 P.O.L. 2002 O Corgo. Saneamento e conducción de abstº de auga en Pedradereita, grupo escolar e Serín. 144.653,58 9 meses Grupo E
222 P.O.L. 2002 Monforte. Saneamento desde Camiño Real de Guntín a Río Cabe. 210.354,25 10 meses Grupo E
224 P.O.L. 2002 Monterroso. Saneamento e depuración augas residuais nas parroquias de Pedraza e S. Lourenzo. 120.202,42 6 meses Grupo E
229 P.O.L. 2002 A Pontenova. Saneamento da parroquia de Vilameá, terminación. 206.055,61 3 meses Grupo E
232 P.O.L. 2002 Quiroga. Saneamento parroquias de Vilaster, Lor Alto e Lor. 216.364,36 9 meses Grupo E
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación Provincial de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: 0 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesoureria provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Teléfono: 982 26 00 78.
e) Fax: 982 26 01 67.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».
c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10 ás 14 horas.
1º Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
2º Domicilio: r/ San Marcos s/n.
3º Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 31 de maio de 2002.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo