Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do uso de tarxetas para adquisición de carburantes. (Expediente 02/CARB do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación do uso de tarxetas por parte da deputación para a adquisición de productos carburantes e lubricantes en gasolineiras e establecementos autorizados.

Vixencia do contrato: o contrato terá vixencia ata o 31 de decembro de 2002, prorrogable anualmente, de maneira expresa, establecendo como data límite da prórroga o 31 de decembro de 2004.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento máximo: non poderá exceder dos créditos consignados no orzamento da deputación para tal finalidade e durante o período de vixencia do contrato. Para o presente exercicio, o crédito destinado a esta finalidade non excederá de 53.000 euros.

Garantías provisional e definitiva: non se esixen.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario xeral da Deputación Provincial da Coruña