Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 12 de abril de 2002, acordou a modificación do horario de traballo do persoal recollido no devandito acordo, que se establece de luns a venres das oito ás quince horas.

O que se somete a xeral coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o Pleno Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo con sede en Pontevedra, se é o caso, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do dito recurso. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de

seis meses contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Non obstante, poderá interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste edicto. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que coide procedente.

A Estrada, 23 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado