Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente nº 10/2002.

Obxecto: sistema de visualización e medida de temperatura sen contacto por infravermellos.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 84.318,66 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 5 semanas.

Expediente nº 11/2002.

Obxecto: dotación de medios informáticos para Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 122.864,88 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 60 días naturais.

1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades para entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número:--. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas. Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de xestión económica e contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 22 de maio de 2002.

P.D. (R.R. 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo