Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación de servicios de desenvolvemento da estructura básica e novas funcionalidades na web do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 17/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promición Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 17/2001.

2. Obxecto do contrato.

Servicios de desenvolvemento da estructura básica e novas funcionalidades na web do Igape.

3. Tramitación, procedimento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto, concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 22, do 30 de xaneiro de 2002.

5. Orzamento base de licitación.

81.136,99 A (oitenta e un mil cento trinta e seis con noventa e nove euros), IVE incluído.

6. Adxudicación.

a) Data: 15 de abril de 2002.

b) Contratista e importe de adxudicación: Soluciona Tecnologías de la Información, S.L. por un importe de 75.503,95 A.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica