Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación de servicios de seguridade no edificio sede do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 1/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promición Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 1/2002.

2. Obxecto do contrato.

Prestación dos servicios de seguridade do edificio sede do Igape en Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedimento e forma de adxudicación.

Urxente, aberto, concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 4 de marzo de 2002.

5. Orzamento base de licitación.

272.878,68 A (douscentos setenta e dous mil oitocentos setenta e oito euros con sesenta e oito céntimos), IVE incluído, para dúas anualidades, correspondendo a 136.439,34 A por anualidade (4.032 A orzaméntase para efectos contables para revisión de prezos segundo o IPC estatal, no caso de prórroga).

6. Adxudicación.

a) Data: 26 de abril de 2002.

b) Contratista e importe de adxudicación: Serramar, S.L. por un importe de 222.936 A, IVE incluído, correspondendo a 111.468 A por anualidade.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica