Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002 pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Fenosa Generación, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de declaración do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 18 de febreiro de 2002 pola que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Fenosa Generación, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Francisco J. Pan-Montojo González

Presidente do ente público Augas de Galicia

ANEXO

Resolución do 18 de febreiro de 2002 pola que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Fenosa Generación, S.A. (transferido por Unión Eléctrica Fenosa, S.A.).

O 18 de setembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez.

Con data do 26 de outubro de 2001 ten entrada nesta dirección xeral copia da resolución do presidente de Augas de Galicia polo que se outorga a modificación concesional hidráulica para o antedito proxecto á sociedade Unión Fenosa Generación, S.A. Nesta resolución considéranse os seguintes aspectos:

-Unión dos saltos 1 e 2 nun só, denominado 1+2, cun caudal concesional de 20 m/s, coa limitación imposta na DIA relativa ó límite do remanso, co obxecto de non afecta-lo coto de Cerdedo.

-Unión dos saltos 3 e 4 nun só, denominado 3+4, cun caudal concesional de 20 m/s.

-Desprazamento da restitución do salto 5+6 100 m augas arriba, co obxecto de dar cumprimento ó establecido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Con data do 28 de novembro de 2001 (rexistro nº 16.982) Augas de Galicia remite a esta dirección xeral os documentos titulados:

-Proxecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez. Salto nº 1+2. Novembro 2001.

-Proyecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez. Salto nº 3+4. Novembro 2001.

-Proyecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez. Salto nº 5+6. Novembro 2001.

-Informe final. Estudio de impacto cultural. Proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez. (Prox. 2.679: saltos 1+2 e 3+4).

Así como copia dos informes elaborados polas direccións xerais de Montes e Medio Ambiente Natural e de Patrimonio Cultural, en relación coa documentación anterior e no ámbito das súas competencias.

Unha vez revisada esta documentación, e considerando que as modificacións introducidas no proxecto repercuten favorablemente desde o punto de vista ambiental e non ocasionan novas afeccións, esta dirección xeral, co obxecto de adapta-la declaración de impacto ambiental formulada con data do 18 de setembro de 2001 ás novas características do proxecto, resolve modifica-lo condicionado da declaración nos seguintes termos:

-O punto a) ámbito da declaración, onde aparece:

Esta declaración refírese en exclusiva ó proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, para os saltos en réxime de explotación fluínte, denominados: nº 1 (presa de Dorna), nº 2, nº 3, nº 4 e nº 5+6.

As características destes saltos deberán cumpri-lo seguinte:

1. Salto nº 1 (presa de Dorna):

O límite do remanso da presa non poderá supera-la coordenada UTM 29TNH 459 086, correspondente ó límite do coto de Cerdedo.

2. Saltos nº 2, nº 3 e nº 4:

A altura dos azudes será aquela que permita un adecuado franqueo piscícola no tramo de río afectado, de acordo co informe emitido pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3. Salto nº 5+6:

A viabilidade ambiental deste salto queda condicionada ó informe definitivo que se elabore do proxecto do salto nº 5+6, unha vez avaliado o impacto sobre o patrimonio arqueolóxico.

Substitúese por:

Esta declaración refírese en exclusiva ó proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, para os saltos en réxime de explotación fluínte, denominados: nº 1+2, nº 3+4 e nº 5+6, coas seguintes características:

* Salto nº 1+2.

Azude:

Cota coroación: 305,15.

Cota de N.M.N.: 302.

Cota de leito: 292.

Cota restitución: 250.

Lonxitude aliviadoiro (m): 55,5.

Lonxitude coroación (m): 71.

Conducción en túnel:

Lonxitude (m): 1.300.

Diámetro interior (m): 3.

Espesor (cm): 25.

Cheminea de equilibrio:

Diámetro (m): 7.

Altura (m): 31,8.

Sobreelevación no terreo (m): 2.

Conducto forzado:

Lonxitude (m): 30.

Diámetro (m): 2,5.

Espesor (mm): 14.

Central:

Caudal de deseño (m/s): 20.

Potencia (MW): 7,92.

Tipo turbinas: Francis eixo horizontal.

* Salto nº 3+4.

Azude:

Cota coroación: 254,15.

Cota de N.M.N.: 250.

Cota de leito: 239,5.

Cota restitución: 160.

Lonxitude aliviadoiro (m): 36,5.

Lonxitude coroación (m): 43,5.

Conducción en túnel:

Lonxitude (m): 1.585.

Diámetro interior (m): 3.

Espesor (cm): 25.

Cheminea de equilibrio:

Diámetro (m): 5,5.

Altura (m): 43,25.

Sobreelevación no terreo (m): 2,5.

Conducto forzado:

Lonxitude (m): 61,3.

Diámetro (m): 2,5.

Espesor (mm): 17.

Central:

Caudal de deseño (m/s): 20.

Potencia (MW): 14,18.

Tipo turbinas: Francis eixo horizontal.

* Salto nº 5+6.

Azude:

Cota coroación: 164,25.

Cota de N.M.N.: 160.

Cota de leito: 153,2.

Cota restitución: 83.

Lonxitude aliviadoiro (m): 34,5.

Lonxitude coroación (m): 53.

Conducción en túnel:

Lonxitude (m): 1.965.

Diámetro interior (m): 3.

Espesor (cm): 25.

Cheminea de equilibrio:

Diámetro (m): 6.

Altura (m): 44.

Sobreelevación no terreo (m): 2,5.

Conducto forzado:

Lonxitude (m): 116.

Diámetro (m): 2,5.

Espesor (mm): 17.

Central:

Caudal de deseño (m/s): 20.

Potencia (MW): 11,81.

Tipo turbinas: Francis eixo horizontal.

-O punto b) 2.1.3, onde aparece o seguinte parágrafo:

Os accesos ós distintos saltos efectuaranse de acordo coa traza reflectida no plano PL2679MR1006.

Queda substituído por:

Os accesos ós distintos saltos efectuaranse de acordo coa traza reflectida no plano titulado Localización do proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez, incluído no documento titulado Informe final. Estudio de impacto cultural. Proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez. (Prox. 2.679: saltos 1+2 e 3+4).

No acceso proxectado para a cheminea de equilibrio e central do salto nº 1+2, e de acordo co recollido no antedito documento e no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deberá proxectarse un novo trazado, aproveitando ó máximo os viais existentes, co obxecto de non afecta-los Pasos do Rego da Fonte Seixiña.

-O punto b) 2.4.1, onde aparece o seguinte parágrafo:

Durante a fase de obra, especialmente durante a construcción dos conductos forzados (saltos nº 3 e

nº 5+6), cheminea de equilibrio do salto nº 5+6 e edificios das centrais, así como na ampliación dos accesos necesarios, adoptaranse os sistemas de contención precisos co obxecto de evita-los desprendementos.

Queda substituído por:

Durante a fase de obras, especialmente durante a instalación dos conductos forzados, explanacións para a execución das chemineas e dos edificios das centrais, así como na ampliación de accesos, adoptaranse os sistemas de contención precisos co obxecto de evita-los desprendementos. Este aspecto será obxecto dun control exhaustivo.

-O punto b) 3.1.3, onde aparece o seguinte parágrafo:

Durante a instalación dos conductos forzados dos saltos nº 3 e nº 5+6, así como nas ampliacións necesarias para os accesos, vixiarase que non se modifique sensiblemente a drenaxe natural das zonas de actuación.

Queda substituído por:

Durante a instalación dos conductos forzados, así como nas ampliacións necesarias para os accesos, vixiarase que non se modifique sensiblemente a drenaxe natural das zonas de actuación.

-O punto b) 3.2.1, onde aparecen o seguinte parágrafo:

Para os saltos nº 1 (presa de Dorna), nº 2, nº 3 e nº 4 o caudal ecolóxico mínimo que se vai manter non será nunca inferior a 2,0 m/s, salvo épocas nas que a achega natural sexa menor, nas que o caudal circulante será o íntegro que se produza de forma natural.

Queda substituído por:

Para os saltos nº 1+2 e nº 3+4 o caudal ecolóxico mínimo que se vai manter non será nunca inferior a 2,0 m/s, salvo épocas nas que a achega natural sexa menor, nas que o caudal circulante será o íntegro que se produza de forma natural.

-O punto b) 3.2.2, onde aparece a seguinte táboa:

OutubroNovembroDecembroXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembro

2,02,04,04,04,02,02,02,02,02,02,02,0

Queda substituída por:

OutubroNovembroDecembroXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembro

2,53,63,63,63,63,03,02,52,52,02,02,0

-Os puntos b) 5.2 e 5.3, onde aparecen os seguintes parágrafos:

A totalidade das presas, agás a presa nº 1 (presa de Dorna) deberán dotarse de escalas de peixes que garantan o paso das poboacións migradoras, tanto en ascenso como en descenso, así como de dispositivos para a liberación do caudal ecolóxico. Estes dispositivos deberán contar co informe favorable da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Instalarase un capturadeiro de subida no salto nº 5+6, provisto de contador automático, seguindo as instruccións da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, instalacións anexas, equipamento de material e vehículo de transporte de peixes.

No resto dos saltos, e de acordo co recollido no punto a.2) desta declaración, a instalación de capturadeiros nas escalas queda condicionada ó informe conxunto que se elabore coa Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural respecto da documentación requirida no punto c.1.2.

Quedan substituídos por:

Instalarase unha escala-capturadeiro de subida no salto nº 5+6, provisto de contador automático, coas súas instalacións anexas, equipamento de material e vehículo para o transporte de peixes.

-O punto b) 6.1, onde aparece o seguinte parágrafo:

As instalacións proxectadas, especialmente a cheminea de equilibrio e conducto forzado proxectados

para o salto nº 5+6, os edificios das centrais e os seus cerramentos, deberán integrarse na paisaxe. Neste senso, procederase ó apantallamento vexetal das diferentes estructuras e respectaranse as invariantes tradicionais galegas no deseño dos edificios das centrais.

Queda substituído por:

As instalacións proxectadas, especialmente as chemineas de equilibrio, os edificios das centrais e os seus cerramentos, deberán integrarse na paisaxe. Neste senso, procederase ó apantallamento vexetal das diferentes estructuras e respectaranse as invariantes tradicionais galegas no deseño dos edificios das centrais.

-Os puntos b) 7.1, 7.2, 7.3, 7.4 e 7.5, onde aparecen os seguintes parágrafos:

O máximo nivel de encoro do salto nº 1 (presa de Dorna) non asolagará as pontes (Ponte medieval de Pedre e Ponte de Sarrapio) e muíños inventariados na zona.

Modificarase o trazado do conducto do salto nº 3 co obxecto de non afecta-los contornos dos Muíños de Abaixo e as súas canles e demais estructuras.

Procederase, previamente ó inicio das obras, á sinalización e balizamento do xacemento arqueolóxico Petroglifo do Outeiro de Arroibar.

Previamente ó inicio das obras, realizarase un estudio específico e valoración de impactos no patri

monio cultural do salto nº 5+6. Unha vez avaliado este estudio, estableceranse as medidas protectoras ou correctoras que resulten de aplicación.

A resolución de concesión que o órgano competente formule deberá quedar condicionada ó informe que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural elabore unha vez avaliado o estudio sinalado no punto anterior.

Queda substituído por:

Adoptaranse as medidas recollidas no documento titulado Informe final. Estudio de impacto cultural. Proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez. (Prox. 2.679: saltos 1+2 e 3+4).

A localización do edificio da central do salto nº 5+6 corresponderá coa presentada no plano titulado Modificación do emprazamento da central do salto nº 5+6.

-No punto c) 2.1.1, onde aparece o seguinte parágrafo:

Planos, referenciados en coordenadas U.T.M., a escala 1:3.000 ou maior detalle, da planta xeral e superficie de asolagamento definitiva de cada un dos saltos (recollendo as modificacións que se van introducir en cumprimento do estipulado nesta declaración), no que se representen e diferencien os elementos que conforman cada salto, os accesos de obra e os accesos definitivos -diferenciando a traza existente da ampliación-, e as conexións da liña eléctrica. Así mesmo, nestes planos deberán localizarse as zonas de amoreamento da terra vexetal, almacenamento de residuos e zonas destinadas para instalacións auxiliares (parque de maquinaria, de almacenamento de residuos, etcétera). Estes planos deberán contar cos textos necesarios para a súa comprensión.

Queda substituída por:

Plano, referenciado en coordenadas U.T.M., a escala 1:3.000 ou maior detalle, da planta xeral e superficie de asolagamento definitiva de cada un dos saltos (recollendo as modificacións que se van introducir en cumprimento do estipulado nesta declaración), no que se representen e diferencien os elementos que conforman cada salto, os accesos de obra e os accesos definitivos -diferenciando a traza existente da ampliación-. Así mesmo, nestes planos deberán localizarse as zonas de amoreamento da terra vexetal, almacenamento de residuos e zonas destinadas para instalacións auxiliares (parque de maquinaria, de almacenamento de residuos, etcétera). Estes planos deberán contar cos textos necesarios para a súa comprensión. Acompañarase da relación de coordenadas UTM representativas da localización dos elementos que constitúen os saltos.

-O punto c) 2.1.4, onde aparece o seguinte parágrafo:

Proxecto de integración paisaxística, co obxecto de dar cumprimento ó condicionado do punto b) 6.1.

Queda substituído por:

Proxecto de integración paisaxística, co obxecto de dar cumprimento ó condicionado do punto b) 6.1. Incorporarase así mesmo detalle das medidas que se van adoptar en relación coas conduccións forzadas.

-No punto c) 2.1, relativo á documentación que se vai presentar previamente ó inicio das obras, engadiranse os seguintes puntos:

2.1.9 Plano, utilizando como base o plano titulado Localización do proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez, incluído no documento titulado Informe final. Estudio de impacto cultural. Proxecto de modificación de características do aproveitamento do río Lérez. (Prox. 2.679: saltos 1+2 e 3+4), no que se reflicta a modificación do trazado do acceso que pasa polos Pasos do Rego da Fonte Seixiña, co obxecto de evitar calquera afección nestes.

2.1.10 Descrición xeral do proxecto da liña eléctrica, indicando localización, lonxitude da liña, tipo e número de apoios, puntos de inicio e fin (conexión á rede de transporte), incluíndo unha listaxe de coordenadas UTM, obra civil que se vai desenvolver e duración prevista da obra. Acompañarase de:

-Estudio sobre os elementos do patrimonio cultural presentes ó longo da traza.

-Estudio dos posibles efectos do proxecto sobre a poboación (indicando especificamente a distancia ás vivendas máis próximas), fauna, formacións vexetais, solo, auga e paisaxe, así como espacios naturais presentes, se é o caso, ó longo da traza.

-Descrición das medidas protectoras, correctoras que se adopten, con especial atención á avifauna e ós labores de restauración, considerando o estipulado no punto 5.6 da declaración.

-Programa de vixilancia ambiental, con especial atención ó seguimento da posible afección sobre as poboacións de aves e o resultado da restauración.

-Plano, a escala 1:5.000 ou maior detalle, referenciado en coordenadas UTM, no que se reflicta a traza da liña de conexión, subestación, elementos do patrimonio e vexetación existente na zona.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental