Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o acordo da Unión Nacional de Galicia da Unión Sindical Obreira (USO Galicia) de desconfederación da Confederación Unión Sindical Obrera, e a súa integración na Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical e para os efectos, única e exclusivamente previstos nel, de público e notorio coñecemento, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou certificación do congreso extraordinario da Unión Nacional de Galicia da Unión Sindical Obrera (USO Galicia), realizado o 6 de abril de 2002, na que se aprobou o acordo de desvinculación, desconfederación ou desadhesión da Confederación Unión Sindical Obreira, e a súa integración na Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), acordo que foi asinado en representación desta por Tomás Casal Pita e Rubén Das Carballo, como promotores-apoderados desta, e por parte de USO Galicia, José María Freire Piñeiro, en calidade de secretario xeral de USO Galicia. Así mesmo, preséntase certificación da xuntanza dos órganos de dirección da Unión Sindical de Traballadores de Galicia do 6 de abril de 2002, na que se acordou a

aceptación de integración da referida organización sindical USO Galicia na Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).

O que se fai público para que todo aquel que acredite un interese directo, persoal e lexítimo, poida promover ante a autoridade xudicial a declaración de non conformidade a dereito dos referidos acordos obxecto de depósito e publicación, de conformidade co disposto no artigo 4.6º da Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Ó mesmo tempo e con independencia do anterior, e de acordo co disposto no artigo 4.5º da mesma norma, significar que calquera persoa está facultada para examina-los acordos depositados, debendo facilitar ademais o correspondente servicio desta dirección xeral, a quen o solicite, copia autentificada destes.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE