Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T. Baíña-Cabido (concello de Baiona), a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 01/284).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 31.6º do regulamento

da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 25 de febreiro de 2002 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) que o día 24 de xuño de 2002, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas

previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Baiona, sinalados cos números:

Predios: 1-8.

Hora: 10.

Día: 24-6-2002.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará

coa debida anticipación legal, da data e a hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou por un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme ó artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 24 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/284Provincia: Pontevedra

L.M.T. Baíña-CabidoTermo municipal: Baiona

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº mmlm

1SiareiraLabradíoSocorro Domínguez Rodríguez e outrosHerminio Ramos, 11

Baiona

321061.010
2SiareiraLabradíoManuel Bellón GuisandeRío-Baredo, 2

Baiona

30300
7Cruceiro S. AntónMonte altoComunidade de Montes Sta. María de AforaCamiño do Fabal-S. Antón, 7

Baiona

6-13151992.088
8Cruceiro S. AntónMonte altoComunidade de Montes Sta. María de AforaCamiño do Fabal-S. Antón, 7

Baiona

14-1541973.152