Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T.-R.B.T. de Camos (concello de Nigrán), a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 97/257).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléc

tricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 5 de novembro de 1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) que o día 26 de xuño de 2002, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Nigrán, sinalados cos números:

Predios: 1-8.

Hora: 10.

Día: 26-6-2002.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e a hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou por un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme ó artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 24 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 97/257Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. CamosTermo municipal: Nigrán

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº mmlm

1PedrosasLabradíoHerminia Mª Neira PérezRúa Mina, 7

36360 Lama-Camos

8140
2PedrosasMonte baixoManuel Alonso GonzálezRúa da Touza, 2

36360 Camos

1227306
3PedrosasViñedoElena Casas PérezAuseira

36360 Camos

43430
4ArmentalPradoRpta.: Román Vilán García

José Vilán García

San Roque

36360 Camos

60600
6ArmentalLabradíoHros. Eugenio Misa RialFonte de Emalde

36360 Camos

27270
7LodeiroLabradíoBenito Pérez ValverdeFigueiras-San Miguel

36208 Vigo

2135338
8ForoLabradíoLeoncio Albores FernándezLama, 31

36360 Camos

212108