Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra: casa da cultura San Cibrao. concello de Cervo, fase 1.

O concello pleno, en sesión do 28 de maio do 2002 acordou, entre outros estima-las alegacións presentadas pola Federación Galega da Construcción no relativo á clasificación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contración da obra: casa da cultura San Cibrao, concello de Cervo, fase 1ª, aproba-la modificación da redacción dada ó prego de cláusulas administrativas particulares que, como lei fundamental do contrato, rexerá o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto e urxente, a obra denominada casa da cultura San Cibrao, concello de Cervo, fase 1ª, adheríndose ó informe emitido polos arquitectos redactores do proxecto, no que se esixe a seguinte clasificación: grupo C (edificación); subgrupo: todos, (do 1 ó 9); categoría D (entre 360.000 e 840.000 euros).

O contratista estará obrigado, segundo o estipulado no artigo 36.3º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP, salvo que teña a clasificación que a continuación se especifica, a subcontrata-la cimentación da obra a outro que teña a seguinte clasificación: grupo K, subgrupos 1 e 2 (cimentacións especiais e pilotaxes), categoría D (entre 360.000 e 840.000 euros); suspende-los trámites da licitación e dispoñe-la exposición ó público da modificación do prego de cláusulas administrativas, durante o prazo de oito días hábiles, no BOP e no Diario Oficial de Galicia para que poidan presentarse reclamacións.

Simultáneamente, anúnciase a convocatoria do concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra casa da cultura San Cibrao, concello de Cervo, fase 1ª.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do concello, 27891 Cervo (Lugo). Teléfono 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

Constitúe o obxecto do contrato a realización das obras da casa da cultura San Cibrao, concello de Cervo, fase 1ª, conforme o proxecto redactado para o efecto.

A obra consiste na execución de toda a estructura do edificio incluíndo acabados e instalacións das plantas superiores, así como equipamento de mobiliario externo á obra nas plantas superiores.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: localidade de San Cibrao (Cervo).

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido nos convenios asinados e polos que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 1 de outubro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 811.514,20 A, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

Así mesmo, será por conta da entidade adxudicataria tanto o custo do cartel anunciador da obra como o importe do correspondente control de calidade da execución das obras, que será levado por empresa suficientemente capacitada e independente.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos:

Grupo C; subgrupos todos (do 1 ó 9); categoría D.

O contratista estará obrigado, segundo o estipulado no artigo 36.3º del Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP, salvo que teña a clasificación que a continuación se especifica, a subcontrata-la cimentación da obra a outro que teña a seguinte clasificación: grupo K; subgrupos 1 e 2; categoría D.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP aprobado polo Real decreto legislativo 2/2000.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

Prazo de execución das obras: ponderado ata 4 puntos, significando que se valorará neste epígrafe o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades senón ó investimento total.

Maiores unidades de obra e mobiliario por conta do adxudicatario, valoradas a prezos de execución material: ponderando ata 4 puntos.

Menor prezo ofertado: ponderado ata 1 punto.

Superior clasificación da esixida: ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse no concello de Cervo, en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula décimo primeira do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado, trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos a cargo do adxudicatario.

Tódolos gastos serán por conta do adxudicatario, segundo se desprende da cláusula 17 do prego de cláusulas.

Cervo, 29 de maio de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde