Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 12 de abril do ano que corre, o Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello e acordada a súa exposición pública polo prazo dun mes, por medio deste anuncio faise público que por resolución da Alcaldía-Presidencia se acordou a ampliación do dito prazo ata o vindeiro día 14 de xuño deste ano.

Burela, 27 de maio de 2002.

P.D. (Resolución da Alcaldía do 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente alcalde