Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do 7 de marzo de 2002 dictada no expediente sancionador AC-196/01, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á interesada que de seguido se relaciona, a proposta de resolución dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-196/01, da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Advírteselle á interesada que en cumprimento do disposto no artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, e no artigo 100 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, concédeselle un prazo de quince (15) días para formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes perante o instructor do procedemento; pasado este prazo procederase a dictar resolución.

Expediente: AC-196/01.

Denunciada: Carmen Vila Gondomar.

Enderezo: rúa Meloxio nº 66.

Localidade: O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 87 apartado 1 da Lei 9/1997.

Proposta de resolución: 7 de marzo de 2002.

Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202 A).

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña