Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.459

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la edición de dous libros.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061, sita en Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, de 12 a 14 horas, ata o 17 de xuño de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es/contratacion, ata o 17 de xuño de 2002 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais

da Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061