Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 76, do 22 de abril de 2002, fanse públicas as bases para prover en propiedade unha praza de policía local, en quenda libre, vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D, policía local.

Ábrese un prazo de 20 días naturais, para presentar solicitudes, contados desde o seguinte día ó da inserción da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Ponteareas, 23 de abril de 2002.

María Nava Castro Domínguez

Alcaldesa