Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 11 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do camiño Monte Beiro, no lugar de Porteliña da parroquia de San Salvador, redactado pola arquitecta Jacqueline Seijo Martínez e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na data do 29 de xuño de 2001 e o adicional visado polo mesmo colexio o día 31 de xullo de 2001, e promovido pola sociedade Montebeiro, S.L.

Contra este acordo pódese, directamente no prazo dun mes desde a publicación, interpoñe-lo recurso de reposición ante esta alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O dito recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, entenderase desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo xulgado.

Poio, 25 de abril de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde