Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-435).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 25 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle nas parcelas E e F do SUNP A-23 e I-1 Icaria, en Montrove-Liáns.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 22 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta