Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 3 de abril de 2002, aprobouse a forma de adxudicación, mediante concurso, para os servicios de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servicios de limpeza dos colexios públicos e outras dependencias municipais.

b) Prazo de duración: o prazo máximo de duración do contrato será de catro anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: o prezo máximo do contrato fíxase en 772.991,91 euros.

5. Garantías.

Provisionais: 15.391,13 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no rexistro de empresas consultoras ou de servicios do Ministerio de Economía e Facenda, no grupo III, subgrupo 6, categoría d).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata o día 17 de xuño de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 25 de abril de 2002.

Lugo, 25 de abril de 2002.

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da área

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria