Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S. e centro entrega enerxía a Möllertech Orense, S.L.

Situación: parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 636 m de lonxitude en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na cela de liña do C.T. mecanizados Rodríguez e remata na cela de entrada de liña do centro de entrega de enerxía da empresa Möllertech Orense, S.L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense