Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública
a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Francisco Llorens Díaz.
Situación: Ourense.
Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 55 m, en conductor R.H.Z. 12/20, con orixe na L.M.T.S. ó C.T. campo de fútbol e remata na cela de liña do C.T. Remedios 66, logo de subministrar o C.T. proxectado en planta baixa de edificio na r/ Fco. Llorens Díaz, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 18 de abril de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense