Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2002 pola que se modifica o importe das subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 15 de abril de 2002 (DOG do 26) publicouse a convocatoria para a concesión de sub

vencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

O artigo terceiro desta orde dispón que o importe total das subvencións, de acordo coa prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, será de vinte mil oitocentos setenta e nove euros (20.879 A), e que este importe poderá verse incrementado, se as dispoñibilidades orzamentarias o permiten, unha vez que se aprobe a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Publicada a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG do 2 de maio), e tendo en conta que nesta lei se prevé un incremento destas subvencións ata corenta e un mil setecentos cincuenta e dous euros (41.752 A), esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Incrementa-la contía das subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro ata corenta e un mil setecentos cincuenta e dous euros (41.752 A), de acordo co establecido na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG do 2 de maio).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria