Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 2002 pola que se modifica o importe das axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 11 de marzo de 2002 (DOG do 9 de abril) publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O artigo 3 desta orde dispón que o importe total das axudas, de acordo coa prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, será de douscentos corenta mil catrocentos cinco euros (240.405 A), e que este importe poderá verse incrementado, se as dispoñibilidades orzamentarias o permiten, unha vez que se aprobe a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Publicada a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG do 2 de maio), e tendo en conta que nesta lei se prevé un incremento destas subvencións ata catrocentos oitenta mil oitocentos dez euros (480.810 A), esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Incrementa-la contía das axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ata catrocentos oitenta mil oitocentos dez euros (480.810 A), de acordo co establecido na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG do 2 de maio).

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria